terça-feira, 23 de dezembro de 2014

ESTRAVIZ, MESTRE HONESTO, LOITADOR, ALEGRE E SOLIDARIO



Rochi Nóvoa


Ensináchesme que había que ser Valente e lembro as historias que nos contabas da túa xuventude, do pecado de falar galego, do mamoramento, da “ Radio Antoxo", da Reviravolta.
O teu ensino foi sempre dende o reto e humildade sen importarche tanto os obxectivos, e competencias, senón as habilidades e liberdades. Aquí cito textualmente as túas palabras:
  • Vós tendes que estar agusto.
Ou a importancia e laboura de que nós como Mestres de inglés podemos defender o galego.

Endexamais se poderá dicir que impuxeches, porque non era nin obrigatoria a asistencia ás aulas, e ninguén faltaba á túa materia.Cantas verdades nos contabas!
Para dedicarse ao ensino non só se precisan coñecementos senón tamén sensibilidade, entrega e un espírito humilde como o teu, para que sexa arte.
Estraviz meu mestre, hoxe non quería deixar de subliñar esta faceta túa, porque temín que de algún xeito quedara agochada entre tanto Curriculum e publicacións que tes.
Porque contigo gocei namentres nos ensinabas a tolerancia e diversidade, respectándonos e atendendo o que tíñamos que dicir. Lembro como despertabas as nosas ansias para medrar como persoas e futuros docentes.

Errada seguro, un mestre é aquel que se interesa máis no alumnado e no proceso do ensino, mentres que para un profesor o máis importante é a súa figura e recoñecemento (sen dar nomes, ti i eu sabemos que destes últimos moito padecemos).
Sexan estas liñas, Estraviz, a miña homenaxe no teu día tan merecido e loitado, dunha alumna que tivo a sorte de coñecerte e que segue admirándote, apreciándote e respectándote tanto por seres honesto, loitador, alegre e solidario.





Sem comentários:

Enviar um comentário